Alimentos Lácteos
Alimentos Lácteos, S.A. ten vocación de sumar a todos os produtores de leite de orixe galega a esta iniciativa, co obxectivo de fortalecer o sector gandeiro.
O proxecto non descarta dar entrada a outras estruturas industriais de transformación, xa sexa por adquisición a empresas autóctonas ou foráneas ou ben por incorporación doutras cooperativas lácteas.