Presentación

Alimentos Lácteos, S.A. ten vocación de sumar a todos os produtores de leite de orixe galega a esta iniciativa, co obxectivo de fortalecer o sector gandeiro.

O proxecto non descarta dar entrada a outras estruturas industriais de transformación, xa sexa por adquisición a empresas autóctonas ou foráneas ou ben por incorporación doutras cooperativas lácteas.

Misión

Alimentos Lácteos, S.A. nace co obxectivo de aglutinar a un conxunto de cooperativas produtoras de leite de orixe galego nunha única estrutura industrial que permita transformalo e darlle valor engadido para competir cos principais operadores do mercado lácteo ibérico.

Visión

Alimentos Lácteos, S.A. pretende ser un actor competitivo no mercado lácteo ibérico. Para iso, dispón dunha tecnoloxía punta, un alto grao de automatización, un persoal formado e implicado e unha calidade fóra de toda dúbida. O fin de Alimentos Lácteos, S.A. é obter unha rendibilidade mínima sobre o produto final.