Produtos
Por que o noso leite?
Porque sabe a leite.
O seu intenso sabor é consecuencia da alimentación do gando con pastos e forraxes naturais. O seu procesamiento en fábrica, a través da inxección directa de vapor e utilizando a última tecnoloxía, lle permite conservar ese sabor intenso e a súa cor e texturas naturais.
Porque é unha produción 100% galega.
Todo o leite (550.000 litros diarios) procede exclusivamente dos gandeiros galegos.
Porque este proxecto non busca o beneficio empresarial.
A súa única función é ofrecer ao consumidor un produto de calidade a un prezo competitivo, respectando ao gandeiro e pagando polo leite en orixe o prezo máis alto posible. Dez cooperativas galegas, das que dependen 2.300 familias, sumáronse xa ao proxecto de Alimentos Lácteos, e seguimos crecendo.
Deleite Galego
É a marca insignia de Alimentos Lácteos. Se envasa en seis variedades, normal e con calcio enteiras, semidesnatadas e desnatadas. Ofrece ao consumidor a máxima calidade a un prezo competitivo e distribúese por todo o territorio nacional, tanto en áreas comerciais como en hostalaría.
Leite Muuu
Co mesmo estándar de alta calidade e envasado nas mesmas seis variedades, conta cun deseño máis desenfadado co que se pretende incentivar o consumo de leite nos máis pequenos. De venda en áreas comerciais, o seu prezo é algo inferior para facilitar que en todos os fogares se conte con leite de calidade.
Galego
Español
Portugués 